Blogia
LAS ARENGAS DE ISIDREZ

Reflexións Políticas Censuradas: 2010 A LOITA E A RESISTENCIA CONTINÚA

Chega o 2010, e volvendo a vista atrás teño a sensación de seres un cangrexo. As liberdades e os avances conseguidos para o noso pobo, están a ser destruídas polo novo feixismo disfrazado de democracia. Galiza está a sufrires un recorte nos seus direitos fundamentáis, nos dereitos civís e nas liberdades. 

 

Humillados e asoballados polo goberno colonialista, rendido aos pes do capital e nas multinacionais, volvemos a sufrir ataques contra o nos idioma,  contra os servizos públicos i en definitiva contra o estado do benestar. Un españolismo que nos obriga a abandoar os nos medios  de produción, tanto no agrogandeiro como no empresarial. Buscando así unha dependencia do  Estado, que rexurde como salvador, un solventador de problemas que non existirían se non foran creados por il.

Vivimos nunha democracia tal, na que se aproba o Tratado de Lisboa sen consultar ao pobo, no que  se aplica por obriga o tratado de Bolonia, e na que calquera que pense diferente xa é u terrorista perigoso. Vivimos nunha democracia onde se ilegaliza a palabra, onde se fala de parlamentarismo pero se ilegalizan partidos políticos, xornais e se manipulan os medios de comunicación.

Neste 2010, a loita pola nosa liberación nacional será mais dura, e moitas veces verémonos tentados a abandoar. Pero é na resistencia, na loita nos momentos difíciles onde se forxa o auténtico sentimento, onde mellor prende a semente e onde as batallas ganadas saben mellor e mais debilitan ao inimigo.

Galiza ten que ter presenza propia como nación en  Europa, por que  Galiza é unha nación e como tal ten que ser soberana. Temos que desfacernos no xugo imperialista imposto por España e que está tinguido da sangue dos  galegos que loitaron pola liberdade. Deixar a loita, sería dicer que morreron para nada, sería unha traizón ao seu sacrificio.

Roubáronnos o noso territorio facendo unhas fronteiras falsas, e dándolle a outros o noso territorio, quixeron roubarnos a identidade, a língoa, pero non poderán roubarnos nin a dignidade, nin a liberdade, porque sempre atoparán a un galego na defensa so seu pobo, e da súa patría.

É por iso, que  agora máis que nunca, temos que ser conscientes de que a loita non rematou nin en 1975, nin 1978, nin nunca. A loita pola nosa liberación nacional continua, a resistencia continúa e seguirá até que venzamos ou morramos, até conseguir unha Galiza Ceibe e Soberana.

Viva Galiza Ceibe e  Socialista!!!

Paitra ou morte!!!

Saúde!!!

0 comentarios