Blogia
LAS ARENGAS DE ISIDREZ

Reflexión Políticas Censuradas: Chegar ao autogoberno dende a democracia

Dentro dunha situación política normalizada, Galiza debería de pasar por un proceso estatutario constituínte, no que o primeiro artigo fora: “Galiza é unha nación soberana”. Claro está que isto endexamais sería aceptado polo estado español, nin polos súas bases políticas colonialistas, que nin tan sequera cumpren o estatuto actual. Como exemplo temos o maltrato que sofre a nosa lingua, no que esquecen que: “A lingua oficial de Galiza é o galego e todo teñen a obriga de coñecela e o dereito de empregala”.

Entón é cando xurde a pregunta: Cómo chegar ao autogoberno nunha situación política tendente ao bipartidismo, onde as ordes se ditan dereitamente dende Madrid? Cómo podemos defendernos deste segundo proceso de “doma e castración” que sofre o noso pais? Cal é o xeito de loita que debemos adoitar contra o colonialismo españolista para que sexa efectivo?

A chave, ao meu parecer, está na democracia. Esa palabra que os que máis a empregan son os que menos a aplican. E dicer, o goberno do pobo debe de ser executado dende o pobo. Si botamos unha olla a situación actual decatarémonos de que por moi que se fale dela, a democracia nin existe nin se aplica, xa que non se pode considerar democracia o feito de meter unha papeleta nunha furna cada catro anos para despois esquecerse durante catro anos das necesidades e o sentir popular.

As decisións non deben ser tomadas unilateralmente polos políticos, si no que os políticos teñen que acatar as decisións que o pobo lle dite. Para iso hai que comezar dende abaixo, dende a unidade mínima tradicional da división territorial galega: as parroquias. Cada veciño dunha parroquia, sabe mellor que ninguén as necesidades e carencias, así como as riquezas e posiblidades  dinamizadoras da propia zona. É por iso que empregando as asociacións veciñais de modo asembleario, sexan trasladadas por escrito e mediante un interlocutor válido, as peticións e as decisións ao Concello, que ten a obriga de cumprir a vontade popular.

O segundo ponto a ter en conta é a elección democrática e por sufraxio universal de tódolos orgaos de goberno. Este ponto, vai especialmente dirixido a figura do “pedáneo”, que si ben nalgún concello é elixido polo pobo, na maioría é posto polo Alcalde “dedocraticamente” para que cumpra o un servizo de lacaio, sendo servidor da voz do seu amo sen cuestionar nengunha decisión.

Unha vez posto en marcha o aparato democrático nos concellos, é cuestión de ir aplicando este sistema de xeito piramidal, dun chanzo inferior a outro superior, de xeito que as decisións e propostas que se levaran e se aprobaran foran un reflexo da vontade popular, na que os edís, alcaldes, diputados, etc, exerceran una laboura de transmisión e non de toma de decisión unilateral, como se ven facendo. E dicer, converter aos representantes do pobo, en auténticos representantes, nunha especie de compromisario ou delegado, obrigado a defender a decisión popular aínda que fora en contra do seu propio pensamento.

Sen dúbida unha das cousas máis difíciles é involucrar ao pobo, convencerlles de que os políticos son os que deben de estar ao seu servizo e non ao revés. Ao mesmo tempo a laboura de concienciar aos políticos de que deben cumprir a vontade popular, e obrigarlles a facelo é outra das duras tarefas a realizar. Mais ámbalas dúas son necesarias dentro do proceso democrático.

E por iso que, si queremos chegar ao autogoberno o primeiro paso é implantar unha democracia auténtica, que implique a tódolos cidadáns galegos, na que se sintan parte real dos designios da nosa Nación.

 

0 comentarios