Blogia
LAS ARENGAS DE ISIDREZ

Reflexións Políticas Censuradas: CAMIÑO DA LIBERACIÓN NACIONAL

O camiño de un pobo cara a súa Liberación Nacional, nunca foi  un camiño fácil. Aínda que o dereito a autodeterminación dos pobos está recollida pola ONU, parece que ningún dos asinantes pensa levalo a cabo. E por isto que a loita dos pobos pola súa liberdade esténdese ao longo dos séculos i é unha loita que non remata até vencer.

 

Hai moitos xeitos de loita, de resistencia, pero só a vitoria é o único final válido, porque o pobo  sempre estará disposto a loitar pola súa liberdade. Os Estados represores e colonialistas sempre empregaran todos os seus recursos para seguir sometendo aos  pobos baixo o seu xugo, empregando a represión, modificando a historia, enchendo de mentiras a cabeza da xente, borrando toda sinal dos súa identidade propia, da súa historia, da súa cultura, do seu idioma, en definitiva,  facendo unha laboura de exterminio.

Na Galiza o traballo de exterminio da identidade galega foi reforzada porque  non só sufrimos 40 anos de ditadura franquista, si non porque despois estivemos gobernado por un ex ministro de Franco e agora o seus cachorros seguen no poder. É por iso que, a represión do Estado vese como algo normal a ollos dos cidadáns.

Si temos que recoñecerlle algo ao Estado, e o ben que fixo a súa tarefa de intoxicación a cidadanía, o desmembramento territorial  e o cerco ao nacionalismo, obrigándolle en moitos casos a unha moderación máis próxima ao rexionalismo que ao soberanismo. Conseguiron que a palabra “independencia”, fose considerada tabú. Empregando a regras de xogo, feitas a medida do Estado, non é moi doado conseguir a liberación nacional. A proba é que si non pensas como eles expúlsante do parlamento galego, como ocorreu cos primeiros deputados nacionalistas da “democracia” e si non, quedas ilegalizado. A única solución e traballar dentro de una marco en igualdade de condicións, en un proceso de negociación e de auténtica democracia, sen medos , sen presións e sen ameazas por parte do Estado.

Non podemos permitir que Galiza siga estando ocupada por corpos militares Españois que son os que exercen a autoridade e a represión. A “Guardia Civil”, como corpo militar non é quen de  ter autoridade fronte a poboación civil. Só é permisíbel en estado de guerra ou de ocupación.  As forzas de represión, dirixidas dende  Madrid, non teñen como obxectivo a defensa das liberdades do pobo galego, se non servir cegamente aos desexos do Estado. O pobo galego ten direito a súa autodefensa, e a ter o seus propios corpos de seguridade, galegos, comprometidos coa defensa de Galiza e dos galegos. No necesitamos bases militares estranxeiras na nosa terra, non necesitamos Corpos e Forzas de “Seguridade” estranxeiros  que non son mais que as Forzas de Ocupación  e Represión do  Estado español.

Galiza é unha nación soberana, por mais que os españois non o queiran admitir. E iso é algo inamovíbel, inmutable, innegociable. Porque só os galegos poden decidir o seu  futuro, só os galegos son quen de defender os seus intereses, xa que o estado español xa demostrou que non lle importada vender aos galegos nos tratados e acordos internacionais.

O territorio galego foi divido por falsas fronteiras, roubándolle o territorio que lexitimamente pertence a Galiza, e que  foi entregado a Portugal e a outras rexións españolas. Galiza ten que recuperar os seus territorios do Norte de Portugal, Asturies e o norte de Castela León. Galiza non pode renunciar aos seus territorios históricos, xa que, foron, son e serán parte da Nación Galega.

A realidade da nación galega debe darse a coñecer nos medios internacionais de xeito que se poidan acadar o maior número de apoios a modo de presión para a nosa causa e contrarrestar os efectos da campaña de intoxicación informativa que fai o estado español a nivel internacional.

A unión de forzas de tódolos colectivos nacionalistas é  fundamental para acadar a liberación nacional, porque a opción de “divide e vencerás” e a mellor arma do estado para continuar coa súa ocupación. É o momento da unidade de todos os galegos e as galegas nunha fronte común contra o inimigo.

O pobo galego levou sempre unha rama de oliveira nunha man, e tanto España como Portugal como nós temos que procurar que non se caia. É necesario emprender un proceso de negociación para acadar a nosa liberdade, a nosa independencia. E necesario comezar un proceso de negociación, porque agora, cando a represión e a opresión españolista é cada vez mais forte, cando a destrución da cultura galega, da nosa identidade como pobo está cada vez mais ameazada, e o momento de dar un paso adiante cara  a autodeterminación.

A proclamación da República Galega está cada día mais cerca, namentres non hai que baixar a garda, e non hai que esquecer que a loita e a resistencia continúa. A nosa terra non é nosa mais pronto o será.

Viva Galiza Ceibe!!!

0 comentarios